16 mar 2016

21 de marzo: Día Mundial da Poesía

”O poeta invisible”

Esta data é un tributo á palabra poética proposto no ano 2001 pola Unesco, celébrase cada 21 de marzo (equinocio de primavera) co propósito de consagrar a palabra esencial e a reflexión sobre o noso tempo.


Para conmemorar esta data plantexamos unha actividade inspirada na idea do “amigo invisible” (agasallar a alguén anónimamente). Xa que o poema e a rima son contidos que se traballa ano tras ano, desexamos plantexar unha práctica do mesmo dunha forma divertida, na procura do achegamento entre o alumnado.
A proposta pódese facer na aula, no nivel, no ciclo… ou como desexades! Consiste en que a cada neno/a se lle asigne un compañeiro/a para que lle adique un poema (o número de versos e estrofas, o tipo de rima… decídeo cada titor/a), eso sí, en galego, tamén! Deste xeito, cada quen deberá “investigar” sobre ese compañeiro/a para saber cousas del ou dela e poder así adicarlle un poema (sempre positivo).
Esta actividade corresponde a unha conmemoración non oficial e é unha proposta optativa.
Cabe a posibilidade de elaborar un libro con todos os poemas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario