9 feb 2016

Día Internacional da Lingua Materna

O 21 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Lingua Materna.

Para conmemorar esta data, o EDLG do Valle-Inclán propón unha actividade cunha finalidade moi clara: que os nosos alumnos e alumnas falen en galego ou, cando menos, falen do galego.

Durante a semana do 15 ao 19 de febrero atoparedes polas portas do cole un total de 25 láminas onde aparece unha frase en galego pero cun erro, un erro propio da interferencia entre as linguas que conviven nunha sociedade bilingüe como a nosa. Do que se trata é de atopar ese erro e tentar corrixilo coa axuda dos nosos compañeiros e, o venres 19 (día no que aparecerán as solucións nesas láminas), descubrir si fomos quen de pescar a resposta axeitada… ou non.

O mesmo dá si acertamos moitas ou poucas, o que máis nos interesa é que os nenos poidan facer unha actividade fóra das aulas, polos corredores, que saiban comportarse neses espazos e que descobra que calquera cousa pódese facer…en galego, tamén!


Para animar a actividade, decidimos adxudicarlle a cada unha desas frases un persoeiro galego: alguén coñecido por todos, ou por moitos, veciño noso, galego ou galega, do cal moitas veces descoñecemos a súa orixe.




Deixámosvos as seguintes ligazóns ás que acederedes premendo nas imaxes:


Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias



A Xunta de Galicia tomará en consideración as recomendacións do Consello de Europa para o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias.



Día Internacional da Lingua Materna






13 comentarios:

  1. Desexando comenzar!!! Promete ser unha semana divertida.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas, profe Laura. desexamos verte cos teus polos corredores!

      Eliminar
  2. Candela Fontoira Prieto.Gustoume a canción de MEU MUNDO É do grupo BRINCA VAI.

    ResponderEliminar
  3. Candela Fontoira Prieto.Gustoume a canción de MEU MUNDO É do grupo BRINCA VAI.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  5. Yago García Rico . Gustame a canción de Lorena Lores O Grove Aleqrín

    ResponderEliminar
  6. la que la canta es la prima de mi abuelo

    ResponderEliminar
  7. Samuel Fernández Leal 4º B. Gústame "O rap de lingua" de MIGALLAS.

    ResponderEliminar
  8. Graciñas rapaces, xa podedes desfrutar da vosa canción!

    ResponderEliminar